A exposición itinerante 'Xela Arias. Asinamos ser libres' comeza en Santiago

O proxecto dirixido por María Xesús Nogueira chegará a 11 concellos este ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das LetrasExposicións
Compartir:
Xela Arias. Asinamos ser libres

Xela Arias. Asinamos ser libres

A Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela acolleu a apertura da mostra 'Xela Arias. Asinamos ser libres', a exposición itinerante que achegará a figura da homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas a 11 concellos de toda Galicia. A mostra promovida polo Goberno galego está comisariada pola profesora e biógrafa de Xela Arias, María Xesús Nogueira, quen deseñou un proxecto composto por 10 paneis que fai un repaso por todas as vertentes profesionais da autora difundindo detalles da súa vida, obra e contexto histórico no que viviu. O contido dos paneis pode verse tamén nun documento proporcionado desde o Portal da Lingua Galega. Así, tras o seu paso por Santiago de Compostela, a mostra chegará, antes de que remate o verán, a Vigo, Sarria (Lugo), Pontevedra, Amoeiro (Ourense), Outes (A Coruña) e Lugo. A itinerancia continuará nos meses de outono e inverno na Coruña, Ourense, Boiro (A Coruña) e Celanova (Ourense).

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xela Arias, Ourense, A Coruña, María Xesús Nogueira...