
O secretario Xeral de Política Lingüística destacou que, coa inauguración do proxecto "celebramos unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, poeta singular, transgresora e guía de toda unha xeración poética renovadora da poesía galega en temas, estilo e forma", e lembrou que a mostra bota a andar as celebracións oficiais do Día da Letras dedicado á autora. A exposición poderá visitarse en Sarria ata o 15 de marzo e percorrerá despois diferentes centros educativos. Ademais, está dispoñible de xeito íntegro no Portal da Lingua Galega.



