A Universidade de Santiago celebra a súa homenaxe a Xela Arias

O Festival Ferrados de Letras lembrará a poeta na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:

Pasado o 17 de maio continúan as celebracións do Día das Letras Galegas. A Universidade de Santiago de Compostela desenvolve este día 26 ás 12:30 da mañá un acto literario e institucional en homenaxe a Xela Arias. Canda ao reitor, Antonio López, participan desta conmemoración, que se emite vía Youtube, Francisco Cidrás e María Xesús Nogueira.

Tamén na Coruña este xoves 27 de maio o festival Ferrados de Letras celebra a súa edición 2021 a lembrar a homenaxeada no Día das Letras. Un recital poético a cargo de Beatriz Maceda e do colectivo veciñal "Gosto de vivir a poesía" e actuacións musicais dos grupos Maraxe e Tanto nos Ten. O encontro celebrarase no auditorio do Centro Ágora organizado pola Asociación Veciñal Agra do Orzán.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xela Arias, A Coruña, María Xesús Nogueira, Día das Letras Galegas...