Xela Arias ten a súa rúa en Sarria

O Concello inaugurou tamén un retrato mural da autora realizado por Mon Devane

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Mural de Mon Devane. Facebook do Concello de Sarria.

Mural de Mon Devane. Facebook do Concello de Sarria.

Segundo se achega o Día das Letras Galegas multiplícanse as homenaxes a Xela Arias. Este 2 de maio foi a quenda da vila de Sarria, onde a poeta pasou a súa infancia. Un acto inaugurou a rúa que a partir de agora levará o seu nome, ata o momento coñecida como Rúa de José Antonio Primo de Rivera. Ademais deste espazo, situado nas proximidades da casa dos avós da autora, o Concello instalou tamén unha placa de lembranza á homenaxeada no Día das Letras e mais un retrato mural realizado polo artista Mon Devane no xardín da Capela de San Lázaro. O acto contou coa presenza do presidente da RAG Víctor F. Freixanes canda a membros da corporación.

Que che parece esta nova?
110 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xela Arias, Sarria, Mon Devane, Día das Letras Galegas...