Unha mostra itinerante que achega vinte imaxes da autora homenaxeada no DÃa das Letras canda textos da súa autorÃa. Esta é a proposta que fai a Vicepresidencia da Deputación de Lugo con Xela arias. A poesÃa do retrato, que presentaba este 21 de abril no Pazo de San Marcos da capital provincial. A exposición recolle fotografÃas realizadas por Xulio Xil de Arias entre 1988 e 2001, das que, segundo destacou, "hai moi poucas fotografÃas que sexan roubadas, que sexan do doméstico, en xeral, son fotografÃas recollen posturas ou posados nos que ela controla a imaxe que quere transmitir".
O proxecto itinerará pola provincia, con paraxes en Sarria (1 a 20 de maio), Lugo, onde abrirá o 21 de maio, Chantada, (22 de xuño), Monforte de Lemos, (9 de xullo), Viveiro, (3 de agosto) e Ribadeo (27 de agosto).
Este mesmo material é a base do libro que, co mesmo tÃtulo, presentou a editorial Engaiolarte. Neste formato o número de retratos recollidos supera os 40 e están acompañados, para alén dos textos da autora, de senllos estudos sobre a súa figura realizados por Xosé Enrique Acuña e Marga do Val. A editora tamén lanzou unha edición de Tigres coma cabalos, o proxecto fotográfico e poético que Arias e Xil publicaron en 1990. A obra recolle unha combinación de imaxes realizadas polo fotógrafo, maiormente espidos, e outros tantos textos nos que os dous autores desenvolveron a súa creación en diálogo. Ademais, o volume conta nesta ocasión con estudos crÃticos de Xosé Enrique Acuña e MarÃa Xesús Nogueira.