Son case 40 puntos a través dos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Lama, Beariz, Boborás, O Carballiño, Amoeiro ou A Estrada, percorrendo unha paisaxe diversa e rica en monumentos e en cultura tradicional. O Consello da Cultura presentou o venres pasado o roteiro "As xentes, pedras e rÃos de Galicia con Antonio Fraguas", que xa está dispoñible en liña para quen queira achegarse á figura homenaxeada este ano no DÃa das Letras Galegas. O roteiro, deseñado por Clodio González Pérez, da Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego, intérnase nas paisaxes vitais da infancia e mocidade de Fraguas nas terras de Cotobade, nos escenarios da súa familia, pero tamén en numerosos bens do patrimonio cultural e etnográfico da zona que se empregan para ilustrar os interese etnográficos de Fraguas.
Cada un dos puntos contén fragmentos de textos de Antonio Fraguas extraÃdos das numerosÃsimas colaboracións en prensa e publicacións periódicas realizadas polo autor, nas que dá conta de tradicións, espazos, poesÃa popular e lendas da súa comarca natal e doutros territorios da Galicia ben coñecidos por el por vÃnculos familiares ou profesionais. O roteiro está deseñado para ser percorrido en dúas ou tres xornadas en coche, e permite coñecer unha Galicia habitualmente distnciada dos roteiros turÃsticos máis habituais.
O roteiro de Antón Fraguas pódese consultar co novo redeseño dos Roteiros da Cultura Galega, que inclúe itinerarios por toda Galicia baseados en figuras como Eduardo Pondal, RosalÃa de Castro, Manuel Curros EnrÃquez ou Lois TobÃo, entre outros.