O Museo de Pontevedra recupera a viaxe europea de Castelao de 1921

A mostra poderase visitar ata o 23 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Museo de Pontevedra recupera a viaxe europea de Castelao de 1921

O Museo de Pontevedra inaugura mañá xoves 2 de decembro a exposición "Castelao en Europa. A viaxe de 1921". A exposición, comisariada por Ángeles Tilve, responsable de Coleccións do propio Museo de Pontevedra, permite explorar o contido do "excepcional manuscrito orixinal" no que Castelao deixou constancia da súa viaxe por Francia, Bélxica e Alemaña. Aló foi en 1921, pensionado pola Junta de Ampliación de Estudios (JAE) para coñecer a tradición artística europea e as vangardas. A visita tivo un gran impacto na posterior obra de Castelao. A exposición permite ver as reproducións dos 131 debuxos do manuscrito, fotografías, tarxetas postais, recortes e impresos que Castelao foi intercalando no texto. A mostra permanecerá aberta ata o 23 de xaneiro.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Museo de Pontevedra, Bélxica, Francia...