O Museo de Pontevedra abre o programa expositivo de 2024 coa mostra 'Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografÃas'. Esta exposición, que conmemora o 40 aniversario da chegada a Galicia dos restos mortais de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao ao Panteón de Galegos Ilustres en Santiago, artéllase arredor da crónica fotográfica daquel 24 de xuño de 1984 realizada polo fotógrafo e xornalista Xan Carballa para o desaparecido semanario A Nosa Terra. Incorpora tamén obra artÃstica de Castelao, fotografÃas, documentación e prensa da época para contextualizar os anos de exilio do intelectual galeguista. Inaugurarase o xoves 7 de marzo no Edificio Castelao, onde se poderá visitar ata o 2 de xuño.
Xosé Enrique Acuña é o comisario da exposición e o eixe da mostra son 52 fotografÃas realizadas por Xan Carballa (Vigo, 1960), que realizou unha reportaxe gráfica do acontecido nos tres espazos de Santiago de Compostela en que se desenvolveron os feitos principais do retorno dos restos de Alfonso Castelao á terra galega: o aeroporto da Lavacolla, os exteriores de San Domingos de Bonaval e o propio interior do Panteón de Galegos Ilustres, onde ao fin foi cerimoniosamente soterrado. As fotografÃas de Carballa expóñense como unha gran crónica visual que narra tanto os intentos por parte das autoridades da Xunta de Galicia de preparar un protocolo para os actos de benvida que se correspondesen coa importancia da figura histórica de Castelao, coma a serie de incidentes e manifestacións que se viviron ese dÃa ante o aeroporto da Lavacolla e, con maior intensidade, na entrada de San Domingos de Bonaval. Este conxunto de imaxes, plasmado por Xan Carballa, relaciona este autor co canon imperante naquel novo fotoxornalismo, maioritariamente en branco e negro, que se implantou con conquistados aires de liberdade de prensa nos xornais e semanarios de todo o Estado desde o fin da ditadura franquista.
A exposición inclúe ademais un espazo que ofrece o contexto necesario para entender o cosmos de Castelao e, en particular, os seus anos de exilio nos Estados Unidos, en Cuba e na Arxentina. Xosé Enrique Acuña, deseñou con clara intención contextual un espazo propio e diferenciado, entendido como prólogo á serie fotográfica de Carballa, no que se inclúe obra artÃstica orixinal, fotografÃas, documentación e prensa gráfica da época, procedentes de coleccións particulares, o propio Museo de Pontevedra e outras institucións galegas. Entre outras pezas, exhÃbese o seu pasaporte diplomático como ministro do Goberno da República no exilio, os raros álbums coas súas estampas de guerra editadas en Xangai (China), asà como tamén imaxes do seu enterro en Bos Aires e a totalidade do expediente que, entre 1937 e 1962, se lle abriu a Castelao por parte dos tribunais franquistas de "responsabilidades polÃticas".
O proceso do retorno
Segundo lembra o Museo de Pontevedra na presentación da exposición, o retorno dos restos mortais de Castelao foron a culminación dun proceso de varios anos. O escritor, artista e lÃder galeguista falecera na Arxentina en xaneiro de 1950. Desde esa data, o seu corpo descansaba no cemiterio de Chacarita de Bos Aires, albergado no panteón do Centro Galego. Restauradas as liberdades democráticas en 1978, a demanda do seu retorno a Galicia pasou a ser unha reivindicación que anos despois asumirÃa o Parlamento galego tras as primeiras eleccións autonómicas. Un acto parlamentario que foi aprobado por unanimidade das forzas polÃticas representadas despois dunha proposta impulsada polo deputado nacionalista Camilo Nogueira. Ante o mandato do Parlamento, o Goberno da Xunta de Galicia, despois de conseguir a aprobación da familia de Castelao, representada pola súa irmá Tereixa, tomou a decisión de escoller o dÃa 28 de xuño para que se producise a viaxe de retorno dos seus restos. CoincidÃa asà co mesmo dÃa e mes no que, en 1936, se plebiscitara e aprobara o primeiro Estatuto de AutonomÃa de Galicia. En paralelo, o Goberno da Xunta daquela presidido por Xerardo Fernández Albor, tomarÃa a decisión, pactada con personalidades históricas do galeguismo, de elixir o Panteón de Galegos Ilustres para o enterro definitivo e solemne de Castelao en Galicia.