En conmemoración do quinto centenario da saÃda da expedición Magalhães/Elcano que completarÃa a primeira circunnavegación do planeta, o Consello da Cultura Galega, coa colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra inaugura hoxe a exposición Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV - XVII no Museo de Pontevedra. A exposición, comisariada por Ofelia Rey Castelao e co deseño de Era Comunicación, amosa a través de 34 paneis as consecuencias que aquela formidable viaxe tivo para Galicia. Segundo sostén esta mostra aquela efeméride deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. A mostra explica como os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da EspeciarÃa da Coruña foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar e que queda explicada a través dos paneis desta mostra. O acto de inauguración terá lugar hoxe martes, 12 de novembro de 2019 ás 18:00 horas no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra e a exposición permanecerá aberta ata o dÃa 14 de xaneiro.