Cando a coroa española estaba volcada con América a través das expedicións promovidas desde a Casa de Contratación en Sevilla, o reino de Galicia buscou o seu propio camiño na procura do roteiro das especias no sudeste asiático, nas coñecidas como "as Outras Indias". Os nobres conseguiron do emperador Carlos V a creación da Casa da Especiaría na Coruña en 1521. Comezaría a aventura galega dos descubrimentos, truncada pola propia coroa apenas uns anos máis tarde. A súa historia é unha das moitas que se contan na exposición "Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XVI-XVII" ao redor do papel de Galicia no tempo das exploracións. Pódese visitar no Museo do Mar de Vigo ata o 12 de abril. A mostra está comisariada pola catedrática da USC Ofelia Rey Castelao.
En 1520 os nobres galegos reuníronse no asento tradicional das grandes xuntanzas políticas da idade Media: a vila de Melide, no centro do reino. Acordaron estratexias comúns fronte a situación política do momento. Acordaron deter o avance do movemento comuneiro no reino de Galicia -que estaba creando graves dificultades a Carlos I en Castela-, esixir ao rei a restitución do voto en Cortes do Reino de Galicia e a concesión dunha Casa da Especiaría na Coruña.
Naquel momento, a Coroa tiña centralizado o comercio con América a través da Casa da Contratación de Sevilla, pero a nobreza galega tiña interese noutro territorio máis distante e moi proveitoso que apenas se estaba comezando a descubrir: as illas Molucas e o sudeste asiático, o lugar de procedencia das carísimas e exclusivas especias. O conde Fernando de Andrade, gran promotor do proxecto, explicaba así o coñecemento galego das posibilidades das Outras Indias: disto temos experiencia por moitas das naos cando veñen de Calcuta, veñen recoñecer esta costa. Nos argumentos que os galegos lle deron ao rei había varios clave: o porto da Coruña era moi axeitado para as naos, as naves con maior capacidade de carga que se podían producir na época, e A Coruña estaba moi próxima aos mercados centroeuropeos nos que se realizaba a venda das especias. O 29 de marzo de 1521, o rei autorizaba a creación da Casa da Especiaría na Coruña. A cidade encheríase dalgúns dos máis famosos navegantes, cartógrafos e aventureiros do momento na preparación de expedicións. Tamén se construiría un importante estaleiro que chegou a construír varios barcos destinados ás misións oceánicas.
Moitas destas foron financiados pola nobreza e burguesía galegas, ansiosa de participar na posibilidades que ofrecían as descubertas. As expedicións orientáronse a tentar descubrir en primeiro lugar os pasos máis rápidos cara o Océano Índico e as illas Molucas. A primeira foi capitaneada polo portugués Estêvão Gomes. veterano da viaxe con Fernão de Magalhães. Partiu da Coruña en setembro de 1524 co obxectivo de atopar un paso rápido cara as Molucas a través de Norteamérica. Chegou ata a Terra dos Bacallaus, Terranova, pero non deu atopado o paso cara o oeste. Iso si, volveu cun cargamento singular á Coruña: 58 indios norteamericanos. Como a Coroa tiña prohibida a súa venda como escravos, acabaron como criados en diferentes casas nobles e burguesas da Coruña e Betanzos, na propia casa de Fernando de Andrade e mesmo ao servizo de pousadeiras da terra como A Sevillana ou A Andaluza.
A expedición de García Jofre de Loaysa
A principal expedición levada a cabo desde a Casa da Especiaría da Coruña foi a de García Jofre de Loaysa. Creou unha armada completa de sete naves, encabezada pola Vitoria, de 360 toneladas. Algunhas das naves foran construídas no país vasco e outras no Ferrol. A exposición estaba comandada por García Jofre de Loaysa, que era comendador da Orde Militar de San Xoán, e o seu piloto era Juan Sebastián Elcano. A expedición tivo todo tipo de contratempos, incluídas a morte de García Jofre de Loaysa e de Juan Sebastián Elcano. Só a nao capitana, a Vitoria conseguiu superar o Estreito de Magalhães e chegar ata as Molucas, onde se tipo que enfrontar cos portugueses. O 5 de setembro de 1526, na illa de Guam, atoparon curiosamente ao galego Gonzalo de Vigo, que desertara da expedición de Magalhães, e que fixo de mediador cos indíxenas.
A expedición de Diego García de Moguer
Outra das expedicións, financiada entre outros polo conde Fernando de Andrade, partiu de Fisterra en agosto de 1527. Eran tres barcos capitaneados por Diego García de Moguer, un mariño veterano. O obxectivo era tentar chegar ás Molucas desde América meridional, pero Moguer nunca deu superado o Estreito de Magalhães. No Río da Prata explorou canda outro capitán, Sebastián Caboto, o Río da Prata, e remontou o Paraná e o Paraguai na procura dos metais preciosos da imaxinada Serra da Prata. García de Moguer volveu a Sevilla sen dar cumprida a misión.
En 1529 o rei Carlos I cedeu a Portugal en exclusiva o comercio das especias, pechando a Casa da Especiaría da Coruña e limitando ao Reino de Galicia a un papel secundario nas expedicións de descuberta de América.