O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, e a presidenta do Congreso dos Deputados, Francina Armengol, veñen de asinar un convenio de colaboración entre ambas as institucións centrado na formación, o coñecemento e a difusión da lingua galega, especialmente no ámbito da linguaxe xurÃdica. A RAG encargarase neste marco de verter ao galego as iniciativas lexislativas aprobadas pola Cámara Baixa e prestaralle ademais o apoio que puntualmente poida requirir para a tradución, validación e elaboración no idioma propio de Galicia de documentos relacionados coa actividade non parlamentaria da Cámara.
"Este acordo constitúe un paso de moito relevo no recoñecemento da diversidade lingüÃstica do Estado que ampara a Constitución, e que se debe plasmar non só nas institucións das respectivas comunidades autónomas con lingua propia, senón tamén nas do Estado dunha maneira máis efectiva do que se ten feito ata agora", salienta o presidente da Academia. "Desde que no ano 2023 o Congreso aprobou a reforma do seu regulamento autorizando o uso das distintas linguas cooficiais, está a dar pasos moi significativos neste sentido", engade Henrique Monteagudo. "Na RAG congratulámonos de que se solicite a nosa colaboración para atender a demanda, que existe hai tempo, de que os textos lexislativos estean á disposición do conxunto de falantes dos distintos idiomas do Estado, e de maneira especÃfica dos profesionais do dereito, responsables polÃticos e persoal das administracións públicas que os empregan decote", prosegue o presidente da RAG.
Na mesma liña, a presidenta do Congreso dos Deputados referiuse á "conciencia compartida de que é imprescindible a vontade dos gobernos e das institucións para respectar, preservar e promover todas as linguas". "Este marco de colaboración vai moito máis alá dun éxito de convivencia e cogobernabilidade. Supón unha declaración de intencións institucional sobre un obxectivo común: o avance polo camiño da pluralidade lingüÃstica e a capacitación da lingua galega para que esta se consolide como medio de expresión a todos os niveis. A defensa da diversidade lingüÃstica, non nos cansaremos de repetilo, é unha fonte de riqueza cultural, identitaria e social", insistiu Francina Armengol. A presidenta do Congreso advertiu que non é posible en ningún caso abandonar este vieiro. "SerÃa destruÃr e desbotar un patrimonio que é de todos e de todas, serÃa maltratar non só un idioma e un territorio, senón todas as persoas que o habitan, mesmo a memoria de quen o transitaron e, xa que logo, de toda España", concluÃu.