Coincidindo co momento no que o novo Goberno de Brasil ven de desmantelar a carteira ministerial de Cultura para englobala nun ministerio con outras moitas competencias a Real Academia Galega (RAG) e a Academia Brasileira de Letras (ABL) veñen de asinar un acordo de amizade e colaboración. O presidente da RAG, VÃctor F. Freixanes, e o seu homólogo brasileiro, Marco Lucchesi, rubricaron o documento na sede da RAG tras unha xuntanza na que coincidiron na importancia de estreitaren os lazos entre as dúas linguas irmás e o potencial da lusofonÃa. O documento permitirá afondar en proxectos compartidos, unha liña na que xa traballan desde hai tempo membros da RAG desde os seus respectivos eidos e en colaboración con universidades e outras institucións do Brasil. A RAG e a ABL abren as portas a través deste acordo a potenciaren o intercambio de investigacións e manifestan o interese de levaren a cabo outros proxectos de colaboración en distintos eidos.
"Asinamos este protocolo coa vocación de iniciar un camiño de colaboración entre ambas as institucións para estreitar a relación entre a área cultural lingüÃstica brasileira e a galega", expresou VÃctor F. Freixanes. "Na Real Academia Galega hai conciencia de que a lingua galega forma parte dunha familia onde están os irmáns de Portugal, do Brasil, de Angola, Cabo Verde, MozambiqueÂ… un territorio cheo de posibilidades tamén para o galego. Nós sempre dicimos que o galego non é unha lingua local, é unha lingua que forma parte dese proxecto internacional", engadiu o presidente da RAG.
A Academia Brasileira de Letras, con sede en Rio de Janeiro, fundouse en 1897 co obxectivo de cultivar a lingua e a literatura nacionais. O seu actual presidente Marco Lucchesi é escritor, tradutor, editor e profesor de Literatura Comparada da Facultade de Letras da Universidade Federal do Rio de Janeiro, asà como investigador do Conselho Nacional de Desenvolvimento CientÃfico e Tecnológico do seu paÃs. No marco da sinatura deste acordo Lucchesi referiuse á situación que atravesa o seu paÃs e as liberdades a nivel internacional e asegurou que "a cultura é o último bastión da república do Brasil e da democracia, o último bastión en que nós podemos desenvolver proxectos que nos afirmen na nosa orixe e no noso futuro".