Chega ás librarías Adelina, Premio Castelao de BD 2024

Boulevar Edicións debuta na novena arte con Nechu, o neno momia, de Baltar Morgade

  • A obra coa que Sandra Lodi obtivo o Premio Castelao de Banda Deseñada 2024 está xa dispoñible para o público. A Editorial Galaxia publica Adelina , novela gráfica que narra en 110 páxinas a fuxida dunha muller maior da residencia na que vive. C...

Cultura amplía a lista de embarcacións do Censo do Patrimonio Cultural

Son trece dornas, galeóns, traiñeiras e botes polbeiros

  • Trece embarcacións tradicionais matriculadas en Vilagarcía, Viveiro e A Coruña acaban de ser incluídas no Censo de Patrimonio Cultural de Galicia, de acordo coa resolución publicada hoxe no DOG. As embarcacións recibiron os preceptivos informes...

A conservación do patrimonio artístico contemporáneo a debate no CGAC

Preséntase o proxecto interdisciplinar 'Legados' e sitúase no contexto galego

  • A Fundación DIDAC presenta este sábado, en cooperación coa Fundación Gabeiras e co apoio do Centro Galego de Arte Contemporánea a xornada 'Legados. Espazos para o coidado das creacións contemporáneas'. Un encontro de profesionais de diferentes...

Falece o pintor José Freixanes

O artista, residente en Madrid, era unha das figuras máis recoñecidas das artes plásticas do noso país

  • O pintor José Freixanes, considerado unha das principais figuras das artes plásticas do noso país, falecía de xeito repentino este 26 de novembro en Madrid, onde residía desde hai anos a partillar domicilio con Granada. Nado en Pontevedra en 195...

Sete espazos novos ábrense para a Semana do Patrimonio Invisible de Santiago

Poderán acceder en visitas guiadas gratuítas máis de setecentas persoas

  • A Semana do Patrimonio Invisible, que cada vez chega a máis cidades de Galicia é unha actividade que xa non necesita presentación, o seu éxito de participación é indiscutible e adoita quedar moitas persoas con ganas de máis e moitas portas int...

A AELG designa os autores da Asociación de Escritores de Galicia como membros de honra

A asociación fora creada en 1936 e anulada polo franquismo

  • A AELG aprobou nomear aos autores da Asociación de Escritores de Galicia como membros de honra da AELG. A asociación, constituída en marzo de 1936, incluía a figuras como Fermín Bouza Brey, Manuel García Barros, Aquilino Iglesia Alvariño, Gonz...

O V de Viñetas volta a Noia este 28 de novembro

Miguelanxo Prado, Antonio Altarriba e Álvaro Ortiz encabezan o cartel das xornadas de banda deseñada

  • O Liceo de Noia acolle, desde este 28 de novembro e ata o día 30, a oitava xeira de V de Viñetas. O encontro de banda deseñada volta á vila coa presenza de Miguelanxo Prado, que presentará a súa obra Presas fáciles , de Álvaro Ortiz e de Anto...

Un informe do CCG critica os cambios lexislativos para o patrimonio

Alude á traslación de competencias de patrimonio aos concellos

  • Un informe do Consello da Cultura afirma que a descentralización das competencias sobre Patrimonio aprobadas na Lei de medidas fiscais e administrativas de acompañamento os orzamentos autonómicos non "garanten de maneira suficiente e eficaz a cons...

A fotografía que acompaña a liberación da muller

O Consello da Cultura celebra hoxe a xornada 'Fotografía e feminismo' reunindo a nomes indispensables na reflexión

  • No marco das conmemoracións do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Consello da Cultura Galega (CCG) celebra este mércores a xornada 'Fotografía e feminismo' comisariada por Paula Cabaleiro e Rosario S...

Xose Luís Foxo compila o cancioneiro tradicional das Terras do Bolo

Contén medio milleiro de cantares tradicionais

  • O musicólogo Xosé Luís Foxo presentou onte no Consello da Cultura Galega o Cancioneiro Sociolingüístico das Terras do Bolo "Atención pido señores" , un vasto volume que recompila medio milleiro de cantares tradicionais, con partituras, letras,...

A feira de arte VARCO de Vigo celebra unha segunda edición

Reunirá trinta artistas entre nacionais e lusos

  • O Auditorio Mar de Vigo acolle desde este venres 28 e ata o domingo 30 de novembro 'VARCO 25, Vigo Arte Contemporánea e noroeste atlántico'. Na presentación desta segunda edición no Concello de Vigo estiveron presentes, ademais do alcalde, Abel C...

A USC bate marcas de uso do idioma galego

O 29,2% das horas docentes impártense na nosa lingua, coa área de Ciencias da Saúde como a máis castelanizada

  • A Universidade de Santiago de Compostela (USC) daba a coñecer o Informe sobre uso do galego nesta institución durante o curso 2024-2025. No mesmo, a entidade verifica un incremento na presenza da nosa lingua na docencia, que chega aos datos máximo...

Maneiro deixa Heredeiros da Crus

A saída do carismático vocalista provoca incerteza sobre o futuro da decana banda

  • Non sabemos a conmoción que causaría que Mick Jagger deixase The Rolling Stones, porque tal cousa non pasou, agora o que imos saber é o que pasa cando Javi Maneiro deixa os Heredeiros da Crus neste momento doce que o grupo está a vivir na súa se...

Cecilia F. Santomé resulta gañadora do XLIV Premio de Novela Blanco Amor

A autora vilalbesa recibirá 15.000 euros pola súa obra Boundaries Road SW12 8HD

  • A Deputación de Ourense e mais a Fundación que leva o nome do escritor daban a coñecer este 24 de novembro o fallo da cuadraxésima cuarta edición do Premio de Novela Longa Blanco Amor. A escritora de Vilalba Cecilia F. Santomé impúxose entre o...

A Galería Trinta celebra 4 décadas cunha exposición de obras vendidas

En '40 años de Trinta. Pezas que nunca debín ter vendido' expón unha selección da arte que pasou pola galería e foi adquirida por particulares

  • O 20 de novembro de 1985 abría as súas portas en Santiago de Compostela a Galería de Arte Trinta. Para celebrar estes corenta anos de actividade o espazo ven de inaugurar unha exposición singular que leva como título '40 años de Trinta. Pezas q...

Ángeles Tilve será a nova directora do Museo de Pontevedra

A Deputación Provincial seleccionou a persoa que xa estaba a ocupar o posto de maneira interina

  • A Deputación de Pontevedra daba a coñecer na mañá deste 24 de novembro o nome da que será a vindeira directora do Museo de Pontevedra. O tribunal do proceso de selección aberto que a entidade abriu o pasado mes de setembro seleccionou a Ángele...

A Deputación da Coruña falla o VII Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade

Cada unha das oito propostas seleccionadas recibe un máximo de 12.500 euros

  • Na mañá deste 24 de novembro, a Deputación da Coruña daba a coñecer o fallo da sétima xeira do Premio Luísa Villalta que recoñece proxectos culturais pola igualdade. En total foron oito propostas as seleccionadas polo xurado entre as 22 inici...

O festival de Xixón premia a Ángel Santos e Anxos Fazáns polas súas novas longametraxes

O pontevedrés recibiu o galardón de mellor dirección na sección internacional por 'Así chegou a noite'

  • A 63ª edición do Festival Internacional de Cine de Xixón (FICX) deixou no seu palmarés o recoñecemento a dúas persoas da escena audiovisual galega actual que amosa a forza do talento creativo do momento actual. Así o director Ángel Santos (Po...

O Seixo reivindica a súa olería tradicional

O museo de cerámica da aldea inaugúrase no castelo do Bolo

  • A aldea de O Seixo (O Bolo) era coñecida pola súa olería tradicional e desde hai un tempo están desenvolvendo actividades para recuperar a memoria material desta actividade. Deste xeito, inventariáronse os recursos patrimoniais do concello, real...

Inés Mosquera imponse no XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

A gañadora recibirá 2.500 euros e verá publicado o seu poemario Upupú

  • O Concello de Dodro daba a coñecer este venres 21 de novembro o fallo do XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. A padroense Inés Mosquera impúxose nesta xeira do certame co poemario Upupú . A gañadora recibirá un premio de 2.500 e...