A 63ª edición do Festival Internacional de Cine de Xixón (FICX) deixou no seu palmarés o recoñecemento a dúas persoas da escena audiovisual galega actual que amosa a forza do talento creativo do momento actual. Así o director Ángel Santos (Pontevedra, 1976), que presentaba no festival asturiano a longametraxe. 'Así chegou a noite', acadou o galardón á mellor dirección na Sección Oficial Internacional. O xurado valorou do seu traballo o feito de " capturar con elegancia os ritmos vitais dun home e unha muller, cada un ao borde do seu propio precipicio existencial". O filme, protagonizado por Denís Gómez (Pablo) e Violeta Gil (Andrea), rodado integramente en Galicia, explora temas como as relacións de parella, a necesidade de romper os vínculos co pasado ou a tentación de desaparecer. Un drama intimista coa identidade como tema central que supón un novo paso de madurez na ficción galega de autor. Ademais de Santos, a cineasta Anxos Fazáns tamén saíu de Xixón con dous galardóns, polo seu filme más recente 'As liñas descontinuas'. Fazáns acadou dous premios de diversos xurados: o premio Dama ao Mellor guión dunha película española -xunto ao tamén guionista da película Ian de la Rosa-; e o Premio Rambal que outorga a Asociación Xega, de xente LGTBI+.
Cineuropa premia 'Anoche conquisté Tebas'
Outro palmarés que esta fin de semana marcou a axenda do audiovisual foi o do festival Cineuropa en Santiago de Compostela, que ven de pechar a que foi a súa 39ª edición co reparto dos seus premios de competición. A película de Gabriel Azorín, 'Anoche conquisté Tebas', converteuse na gañadora absoluta da noite, ao obter o premio a Mellor Película e tamén os de Mellor Guión e o de Mellor Interpretación Masculina, outorgado a todo o cadro de actores que se bañan e conversan nas termas de Bande e logran transportarnos á Roma Antiga. Este triunfo cobra ademais un valor de singularidade histórica porque é a primeira ocasión que unha película con parte da súa produción galega, a cargo de Filmika Galaika, obtén o máximo galardón da sección oficial competitiva de Cineuropa, Cineastas do presente.