A Galería Trinta celebra 4 décadas cunha exposición de obras vendidas

En '40 años de Trinta. Pezas que nunca debín ter vendido' expón unha selección da arte que pasou pola galería e foi adquirida por particulares

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Manuel Saiz. Home. Fotografía. 2007. Colección particular

Manuel Saiz. Home. Fotografía. 2007. Colección particular

O 20 de novembro de 1985 abría as súas portas en Santiago de Compostela a Galería de Arte Trinta. Para celebrar estes corenta anos de actividade o espazo ven de inaugurar unha exposición singular que leva como título '40 años de Trinta. Pezas que nunca debín ter vendido'. Nesta mostra únense artistas e coleccionistas como homenaxe a esta traxectoria de catro décadas ininterrompidas que conta en cifras con 288 exposicións e a participación en 97 feiras. A exposición ten como base obras que todas pasaron pola galería nalgún momento nestas catro décadas e foron vendidas a particulares que hoxe as teñen nos seus fogares e que teñen en común a querencia do galerista por elas como parte dunha selección de pezas que de boa gana serían da súa colección particular. Esta particular exposición dunha galería, aberta con pezas todas elas xa vendidas, estará dispoñible en Trinta ata o vindeiro 15 de xaneiro.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Máis que un cadro

Máis que un cadro

O artista vigués Din Matamoro expón na Galería Trinta ata o 12 de marzo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería Trinta, Exposicións, Santiago de Compostela, Galerías de arte