Mar Vicente leva as súas Posiciones 3 á Galería Trinta

A exposición pode verse en Compostela ata o vindeiro 8 de decembro

29/10/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Unha exploración das posibilidades do cadrado e do cubo é a base de Posiciones 3, a exposición que Mar Vicente inauguraba o pasado 23 de outubro na Galería Trinta. Ata o vindeiro 8 de decembro este espazo compostelán acolle unha exposición na que a artista luguesa mestura obxectos con pintura e busca os límites desta arte mediante experimentos cromáticos que xogan a confundir a percepción. A participación do espectador é, segundo a creadora, fundamental para xerar escenas "que fan que a experiencia da obra se multiplique e se prolongue indefinidamente".

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Galería Trinta, Santiago de Compostela

Claves

Entidades
Conceptos