A galería Trinta cumpre tres décadas

A sexta exposición individual de Pamen Pereira conmemora o aniversario

18/11/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Obra de Pamen Pereira. Galería Trinta

En novembro de 1985, a galería Trinta abría as súas portas en Compostela. A conmemorar tan redondo aniversario, este espazo de arte inaugura o vindeiro 19 de novembro La mujer de agua sigue cantando, sexta exposición individual da artista Pamen Pereira no local. Nun texto a lembrar a efemérede as responsables da galería sinalan que se enfrontan á terceira década de traballo "sen balances nin nostalxias", a sinalar que "temos moitos motivos para ser optimistas sen consideramos o que implica que unha galería sobreviva tres décadas no noso país". Non esquecen agradecer o apoio que receberon neste tempo e lembran que "a nosa festa sodes vós que, dun xeito ou doutro, nos acompañades".

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

14/06/2010

O mundo enteiro

Pamen Pereira fusiona ao individuo coa natureza na súa última exposición

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Galería Trinta, Pamen Pereira, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos