Xose Luís Foxo compila o cancioneiro tradicional das Terras do Bolo

Contén medio milleiro de cantares tradicionais

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Xose Luís Foxo compila o cancioneiro tradicional das Terras do Bolo

O musicólogo Xosé Luís Foxo presentou onte no Consello da Cultura Galega o Cancioneiro Sociolingüístico das Terras do Bolo "Atención pido señores", un vasto volume que recompila medio milleiro de cantares tradicionais, con partituras, letras, fotografías dos informantes e un disco que permite a escoita das composicións. O libro presta atención ás "cantareiras, pandeireteiras, cegos coplistas, rapsodas e gaiteiros" que transmitiron todo este coñecemento tradicional ao longo de cincocentas páxinas. Nelas hai romances, coplas, cantos de traballo, de Reis ou cantos relixiosos e de berce, así como cantos de celebración. As informantes proceden de múltiples aldeas das Terras do Bolo: Lentellais, Outardepregos, Chao das Donas, Teixido, Celavente, Tuxe, Buxán, Navallos, entre outras. A recollida comprende audios ao longo de sesenta anos. A publicación e o seu audio dixitalizado pódese descargar de balde no Consello da Cultura.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cancioneiro, Reis, Consello da Cultura Galega

Claves

Conceptos