Da seitura ao Titanic: 180 cantos da montaña de Manzaneda e Trives

O Mapa Sonoro de Galicia publica o Cancioneiro da seitura das Terras de Trives

10/6/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimoniomúsica
33 lecturas | Compartido 0 veces

Gravación de Felicitas Gabriel Yáñez (Rozavales, San Martiño, Manzaneda)

Elvira Núñez, da aldea de Cernado, en Manzaneda (Ourense) sentou diante do musicólogo Xosé Luis Foxo, director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e comezou a cantar. E cantou algo que Foxo non escoitara na súa dilatada vida de recollidas ao longo da provincia de Ourense e limítrofes. "Señores el Titanic / un choque sufre por banda / empieza a hundirse en el mar / sin salvación ni esperanza", cantou Elvira Núñez. Todo un exemplo de como a actualidade internacional a principios do século XX chegaba ata as montañas galegas, e a súa historia se mesturaba cos cantos da seitura, os folións, os cantares de Reis e o riquísimo acervo musical tradicional galego. O Mapa Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega acolle o Cancioneiro da Seitura de Manzaneda e Trives, compilado orixinalmente por Xosé Luis Foxo e agora dispoñible, en versión interactiva e xeolocalizada. Esta versión permite acceder a 180 pezas musicais cantadas polas veciñas e veciños desta comarca ourensana.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados