Inés de Naipes. Ilustración: Centola na Cachola
"O que querÃan todas estas mulleres era bailar", explica Beatriz Busto Miramontes, profesora e editora de
Agora vou cantar eu, a publicación conmemorativa do Consello da Cultura Galega para o DÃa das Letras Galegas, "pero para poder bailar precisábase que alguén se ocupara de cantar, e asà Ãanse facendo as remudas. Para min este canto é coma un lume, que debe ser coidado para que non se esgote". Con esta poderosa idea Busto explicou as liñas mestras da publicación. Unha escolma de 94 cantareiras de todo o paÃs a partir das súas coplas. "Está concibida como unha foliada", explicou Beatriz Busto, "a partir dos versos de inicio de cada copla, que agrupan tematicamente a selección". Deste xeito, a selección comeza con "Agora vou cantar eu", e segue con "Vou toca-la pandeireta", "Este pandeiro que toco", e asà sucesivamente ata "Esta vai por despedida". De todo este conxunto de coplas e cantareiras escolléronse catorce mulleres de toda Galicia, con cantos, xéneros e temáticas distintas, coas que se deseñaron postais ilustradas da man de Cestola na Cachola conectadas coas gravacións de audio do seu canto. Precisamente a vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra, enfatizou "o carácter do libro como artefacto. O formato tradicional quedábasenos xusto e tiñamos moito interese na interacción con creadores contemporáneos e cos repositorios dixitais do Consello da Cultura Galega, onde se pode acceder a numeroso material dixitalizado". O libro pódese descargar de balde no web do CCG e un especial permite acceder a todo o contido multimedia, as postais e a información cartográfica.