O Seixo reivindica a súa olería tradicional

O museo de cerámica da aldea inaugúrase no castelo do Bolo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A aldea de O Seixo (O Bolo) era coñecida pola súa olería tradicional e desde hai un tempo están desenvolvendo actividades para recuperar a memoria material desta actividade. Deste xeito, inventariáronse os recursos patrimoniais do concello, realizáronse escavacións nun forno tradicional por parte do colectivo Sputnik Labrego e agora se inaugurou un museo no castelo que inclúe 40 reproducións do tipo de pezas tradicionais da localidade elaboradas por Agustín Vázquez. O museo foi inaugurado o pasado domingo e inclúe tamén materiais arqueolóxicos das intervencións.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo

Claves

Conceptos