Abre o museo das pallozas do Cebreiro

Poderán visitarse tres destas vivendas tradicionais

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Palloza Museo a de Quico, de Galán e a do Campelo abren mañá as súas portas no conxunto museográfico dedicado a estas vivendas tradicionais no Cebreiro. A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, visitaba esta mañá as instalacións nas que se amosará o xeito de vida tradicional da montaña lucense. O proxecto de museo, no que se estivo a traballar desde 2006, inclúe rutas polas casas, pantallas e paneis explicativos entre outros materiais didácticos. A Palloza do Campelo destianarase a servizos e actividades socioculturais. As catro construcións foron rehabilitadas e retiráronselles elementos arquitectónicos que se lles engadiran co paso do tempo.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cebreiro, Ánxela Bugallo

Claves

Protagonistas
Lugares