A Xunta investirá 180.000 euros na recuperación de catro pallozas do Cebreiro

Repararanse os tellados, estruturas e instalacións de cara ao vindeiro verán

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Localización das pallozas afectadas

Localización das pallozas afectadas

Catro pallozas situadas no Cebreiro, a Palloza Museo, a do Quico a de Campelo e a de Galán, verán ao longo dos vindeiros meses obras de restauración por valor de 180.000 euros. A Consellaría de Cultura e Turismo anunciaba esta fin de semana a licitación das obras, que prevén a substitución do colmo de palla das cubertas, que será completa en tres delas, ademais da reparación da estrutura de madeira da cuberta da Palloza Museo. Canda a isto, repararase o lousado dos accesos e canles perimetrais, melloraranse as instalacións electricas e aplicaranase tratamentos para evitar ataques de insectos ás estruturas de madeira. A previsión é que os traballos se desenvolvan na primeira metade de 2019, con vistas a ter o conxunto en boas condicións para o vindeiro verán.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cebreiro, Turismo

Claves

Conceptos
Lugares