A restauración de Santa Baia de Nantes contará cun investimento de 170.000 euros

A igrexa foi construída en 1964 con deseño do arquitecto Alejandro de la Sota

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Santa Baia de Nantes na Galipedia. Fotografía de Adrián Estévez.

Santa Baia de Nantes na Galipedia. Fotografía de Adrián Estévez.

A igrexa de Santa Baia de Nantes, en Sanxenxo, acollerá ao longo de cinco meses traballos de restauración que pretenden manter e conservar a súa arquitectura orixinal. A Consellaría de Cultura anunciaba este 19 de novembro un investimento de 170.000 euros neste proxecto, que inclúe tarefas como a eliminación de amianto, substitución de tellas, instalación de canles de zinc ou reparacións na estrutura de formigón. Tamén se desenvolverán obras para garantir a impermeabilidade do conxunto e recuperaranse os faldróns orixinais con que contaba a cuberta así como a celosía de lamas do campanario.

A igrexa construíuse en 1964 coa colaboración dos veciños sobre un proxecto do arquitecto Alejandro de la Sota, homenaxeado do Día das Artes Galegas de 2018. O conxunto integra as propostas do movemento moderno propias do autor coa arquitectura popular da zona, como son o emprego de perpiaño de granito e de tella curva.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Sanxenxo, Día das Artes Galegas

Claves

Conceptos
Lugares