O Café Moderno de Pontevedra acolle desde hoxe a maior exposición realizada sobre o arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota, gañador do Premio Nacional de Arquitectura en 1974 e falecido hai cinco anos. A mostra inclúe setenta e cinco paneis sobre as súas obras e varias maquetas de edificios.
Arquitectos
A delegación de Pontevedra do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), a Fundación Alexandro de la Sota e a Fundación Caixa Galicia foron os encargados de achegar esta mostra á cidade natal do arquitecto. Segundo o presidente da Comisión de Cultura do COAG, Manuel Abelleira, De la Sota foi "un creador venerado por todos os arquitectos novos de Galicia, xa que foi un profesional que soubo innovar coa súa arquitectura racionalista en plena década dos sesenta". O emprego do formigón e a concepción de espacios emparentan o estilo de De la Sota coa arquitectura dos anos trinta que practicaron Le Corbusier e Mies Van der Rohe. A exposición, creada en 1988 polo Ministerio de Fomento xa percorreu diferentes cidades en España, Reino Unido ou Estados Unidos.
Mostra
A exposición que se inaugura hoxe celébrase curiosamente no mesmo edificio no que naceu e pasou os primeiros anos da súa vida o Alejandro de la Sota. Nela poden verse setenta e cinco paneis que recollen planos e fotografÃas de edificios, mobles e outros deseños do arquitecto. Ademais, unha serie de maquetas permitirá ver máis polo miúdo a concepción do espacio nalgunhas das súas obras máis destacadas.
De la Sota
Alejandro de la Sota naceu en 1913 en Pontevedra e licenciouse en Arquitectura en Madrid en 194. Entre os galardóns que obtivo destacan o Nacional de Arquitectura, o de Artes Plásticas, a Medalla de Ouro ó Mérito de Belas Artes ou o Premio Castelao da Xunta de Galicia. A súa obra está representada en Pontevedra por edificios coma o Pabillón de Deportes, a rehabilitación do edificio da Misión Biolóxica, un chalet e un edificio de vivendas. Outros proxectos seus foron o edificio de aulas da Universidade de Sevilla, a sede de Correos en León ou o Goberno Civl de Tarragona.