A aldea artesá de A Fraga acolle o II Encontro de Torneiros en Galicia coa presencia de artistas internacionais

O torno da Fraga

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
¿Que acontece cando se quere recuperar un oficio tradicional aportando as novas posibilidades técnicas e estéticas de hoxe? O resultado pódese ver desde hoxe e ata o vindeiro domingo na aldea artesá de A Fraga (Xermade) onde a Asociación Galega de Artesáns celebra o II Encontro de Torneiros en Galicia. Conferencias, demostracións, proxeccións de materiais audiovisuais, exposicións de pezas xa elaboradas e a montaxe dun obradoiro para o público interesado no tema. Un encontro con carácter internacional que pretende fomentar o crecemento dunha asociación para conservar a difusión e mellora das técnicas tradicionais do torneado artístico.

Máis información en A Fraga (aldea artesá de Xermade (Lugo)

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Asociación Galega de Artesáns, Obradoiro, Lugo

Claves

Conceptos
Lugares