23 ilustradores acoden á casa natal de Wenceslado fernández Flórez para recrear a súa versión de “O bosque animado”

A fraga ilustrada

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración convocou esta fin de semana a todos aqueles traballadores que quixeran achegar, debuxo a debuxo, unha particular versión de “O bosque animado”. En total 23 ilustradores déronse cita esta fin de semana na casa natal de Wenceslado Fernández Flórez, sede da súa fundación, para facer parte do proxecto “A fraga ilustrada”que conclúe hoxe ao mediodía. O seu resultado poderase ver en breve nunha mostra que terá lugar neste mesmo espazo.

Máis información en El País e Galicia Hoxe e no web da Fundación