A casa do escritor Wenceslao Fernández Flórez (A Coruña, 1885 - Madrid, 1964) será, desde esta semana, a nova sede da Fundación que leva o nome do escritor. Sita en Cecebre, enfrente da fraga que inspirou a obra máis recoñecida de Fernández Flórez, O Bosque animado, conta no seu haber 1.700 volumes da biblioteca do escritor. E mentres se inaugura a sede da Fundación, outro dos legados da súa obra, a pelÃcula do Bosque animado preséntase no festival de cine de Málaga.
Unha nova sé para acadar obxectivos
O 31 de xaneiro de 1998 constituÃase a Fundación Wenceslao Fernández Flórez. Presidida por Xaime Isla Couto, e como membros a Deputación de A Coruña e o Concelllo de Cambre, a Fundación partÃa con catro obxectivos claves: destacar a figura Fernández Florez, agrupar seu patrimonio, reeditar a súa obra en galego e recuperar a fraga de Cecebre. Unhas metas que agora se poderán acadar no mesmo momento en que se conta cunha nova sé. O eficicio, tamén chamado "Ponte do Cubo" e a finca "Monte da Fame", era propiedade da Deputación da Coruña, que pagara polo inmoble 63 millóns de pesetas. En virtude dun acordo asinado o mes pasado a Deputación cedÃalle á fundación a casa, a biblioteca, con 1.700 volumes e a finca.
De momento, a fraga de Cecebre non se inclúe na sé, pero neste camiño está a traballar o concello de Cambre, para que os seis mil metros cadrados de superficie forestal pasen á propiedade municipal.
Unha estrea moi esperada
A obra de Wenceslao Fernández Flórez "O bosque animado", é sen dúbida a máis coñecida do escritor coruñés. Inspirada na fraga que estaba ó lado da súa casa, animou un mundo vexetal dándolle un carácter e unha personalidade propia. Un libro que interesou enseguida e que tivo numerosos proxectos para levarse á pantalla. Contan que Walt Disney quixo inmortalizar en debuxos esta peculiar historia. Sen embargo, foi a productora galega Dygra a que finalmente levou a cabo este proxecto. Tras case catro anos, catrocentas persoas traballando, 115.000 fotogramas, 1.200 planos e 105 secuencias, a pelÃcula de "O bosque animado" xa ten é unha realidade. Esta semana, un equipo de Dygra está en Málaga, onde se celebra unha nova edición do seu festival de Cine, para presentar este ambicioso proxecto. A estrea oficial terá lugar o vindeiro 27 de xullo, dura 80 minutos e ten unha banda sonora do compositor galego Arturo Kres e a cantante Luz Casal, que interpreta dúas cancións orixinais.