O Museo Massó contará cunha sala monográfica sobre o pasado romano de Bueu

Porá en valor os materiais achados nas escavacións da Pescadoira

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Xunta realizará un investimento de 225.000 euros para crear unha sala específica sobre a época romana no Museo Massó de Bueu. O novo equipamento permitirá amosar os materiais localizados durante as escavacións arqueolóxicas da Pescadoira, onde apareceu un forno romano e os restos dunha fábrica de salgadura do século II d.C. No caso do forno romano, os materiais localizados permitiron identificar un tipo de ánfora vinculado ás explotacións mariñas do litoral de Gallaecia, hoxe coñecido como 'tipo Bueu', e que permiten rastrexar ao longo das fachadas marítimas atlántica e mediterránea o comercio do peixe galego en época romana. O concello de Bueu tamén ofrecerá un local de propiedade municipal.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Bueu, Museo Massó de Bueu, Gallaecia