Un novo edificio romano en Lugo

Unha escavación urbana revela unha sala calefactada de grandes dimensións

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Unha nova escavación urbana en Lugo, na rúa Ramón y Cajal, revelou a existencia dun "gran edificio romano" posiblemente de "uso público" e unha cronoloxía ao redor do século IV. Os restos achados pertencen a unha estancia cun hipocausto, o sistema calefactor característico romano que daba calor a unha sala de case 70 metros cadrados descubertos ata o momento. Carlos Vilches, da empresa Arqueoxestión, considera que esta sala pode ser das máis grandes atopadas na cidade e que pola localización e o tipo de materiais localizados pode ser de época tardorromana, do século IV. A escavación tamén revelou que o hipocausto foi cegado, é dicir, deixou de usarse intencionalmente.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Ramón y Cajal

Claves

Protagonistas
Lugares