Localizan un "gran complexo residencial" no Castelo de Valencia do Sil

Está datado entre os séculos IV e VI d.C.

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Escavacións no castelo (Valencia do Sil). Foto: Sputnik Labrego

Escavacións no castelo (Valencia do Sil). Foto: Sputnik Labrego

A nova campaña de escavacións en Valencia do Sil revelou a existencia dun complexo residencial datado entre os séculos IV e VI d.C., que ocupa cando menos uns 200 metros cadrados e que está dividido en diferentes estancias, "aínda que seguro que serán moitas máis", segundo Carlos Tejerizo, director das intervencións. A residencia, encravada dentro da fortificación de Valencia do Sil, interprétase como vinculada ás elites que, desde ese espazo, xestionaron "un obradoiro de ferramentas de ferro e posiblemente tamén de cobre para abastecer ás poboacións da contorna nun momento de expansión ecónomica". Segudo Celtia Rodríguez, codirectora da intervención, as evidencias atopadas nestas campañas "indican que durante a época tardorromana se rexistra un uso agrícola e gandeiro intensivo". O equipo ofrecerá unha visita guiada ao xacemento o vindeiro mércores 28 de maio ás 18.30 horas.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sil, Valencia, Castelo, Obradoiro

Claves

Conceptos