Na nova campaña levada a cabo no castro de Valencia do Sil (VilamartÃn de Valdeorras), o equipo arqueolóxico de Sputnik Labrego localizou un importante sistema de canalización de agua destinado ao uso dun forno, posiblemente unha forxa de ferro ou cobre. De acordo cos investigadores, "tratarÃase dunha das estruturas de produción metalúrxica de época tardorromana máis grandes escavadas no noroeste peninsular. A auga serÃa previsiblemente tomada da zona superior da ladeira e alimentarÃa "unha ou dúas forxas" vinculadas a este asentamento tardoantigo. A vinculación posible cunha zona metalúrxica tamén cobra consistencia co achado dunha peza excepcional: un pico-pala en bo estado de conservación que, nunha interpretación aÃnda provisional, o director da intervención, o profesor Carlos Tejerizo, indica como un posible útil mineiro. O castro de Valencia do Sil tivo unha ocupación entre os séculos IV e VI d.C., no periodo do final do Imperio Romano e o reino suevo, e está moi vinculado ás comunicacións desta importante zona de saÃda da Galicia actual.
Pico-azada localizado no castro de Valencia do Sil. Foto: Sputnik Labrego
Pico-azada localizado no castro de Valencia do Sil. Foto: Sputnik Labrego