O restaurador Luis Enrique RodrÃguez Coquixo foi responsable durante 2022 da restauración das imaxes relixiosas que se conservan na Porta da Vila de Viveiro. Este conxunto de pezas de madeira estaba datado ata o momento do século XVII, pero as pescudas deste profesional e do seu equipo durante os traballos adiantan agora dous séculos a datación do Cristo que ocupa o espazo central do retablo.
Unha reportaxe no xornal La Región deste 20 de novembro dá conta do achado. Segundo sinala Coquixo na mesma, unha análise das capas de pintura que presentaba a imaxe situaban a mesma nunha época anterior á datación que tiña ata o momento. Estes indicios confirmáronse cunha proba de Carbono-14 que deu como resultado que a figura é orixinaria do século XV.