Sae á luz a piscina romana do balneario de Lugo

A escavación arqueolóxica recuperou restos orgánicos nesta construción do século III

Unha piscina duns quince metros de lonxitude e dez de longo. Esta é a construción que está a investigar a empresa Tempos Arqueólogos no Balneario de Lugo. A escavación, financiada pola Fundación Luís Monteagudo, permitiu tirar á luz este elemento do que se tiña constancia pero que aínda non fora escavado. A piscina, datada entre os séculos II e III, estaba integrada no balneario romano, do que se conservan partes no edificio actual.

Para alén de verificar as dimensións e características desta construción, o estudo permitiu tamén tirar á luz material orgánico, como madeira e sementes, que se conservou na terra enchoupada que cubría a zona. Ademais, e segundo informa El Progreso, no depósito arqueolóxico localizáronse tamén fragmentos de aras. A intención é cubrir de novo a piscina unha vez finalizada a escavación polas dificultades de garantir a súa conservación ao aire libre.