Non se sabe moi ben a súa función, pero este achado romano da Praza de Santa MarÃa, na cidade de Lugo, en fase aÃnda de recuperación, ten intrigados a profesionais e visitantes. Para a arqueóloga municipal de Lugo, Covadonga Carreño, “non coñecemos arqueoloxicamente o contorno no que se sitúa, polo que non podemos dicir se formaba parte dunhas termas ou dunha grande mansión”. O achado é unha piscina cunha capacidade de 4.000 litros que aÃnda conserva parte da súa decoración de mosaicos. Carreño subliñou que “tampouco estamos seguros de se serÃa un baptisterio ou o frigidarium dunhas termas públicas, mesmo pode ser que tivera usos distintos ó longo do tempo e, posiblemente, na última época foi usada como fonte pública ó aire libre, porque non se conserva o mosaico completo”. Ao final dos traballos, a piscina ficará cuberta cun vidro, nun tipo de instalación que se coñece como "ventá arqueolóxica", para que poida ser apreciada polos viandantes.