Atopan na igrexa do Azougue en Betanzos un novo relevo policromado do século XV

Representa a Anunciación e apareceu detrás un retablo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Onte presentouse o achado dun relevo policromado do século XV, cunha escena que representa a Anunciación, na igrexa de Santa María do Azougue, en Betanzos. Trátase dun arcosolio que, na parte de abaixo representa un arcanxo San Gabriel e a Virxe e na zona superior, pintura mural. O achado produciuse polos especialistas de Techne SC ao estudar o retablo de San Pedro para preparar a súa restauración. Ao mover os laterais do retablo apareceu esta estrutura que, orixinalmente, puido conter unha tumba aínda que a lápida xa non se atopa no lugar. A restauradora Milagros Martínez indicou que o relevo puido ter sido realizado no século XV. O que se conserva é un arco oxival de estilo gótico, con follas de clavos e decoracións xeométricas. Está recuberto de cal pero as catas permitiron saber que ten policromía, posiblemente da época medieval.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Betanzos, ARCO, San Pedro

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares