O retablo de Belvís volta a Galicia

O Museo de Pontevedra exporá esta obra, que saíra do país en 1944

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Unha cesión por dez anos permitiralle ao Museo de Pontevedra expor o retablo de Belvís, datado no século XIV e que estivo instalado no convento compostelán do mesmo nome. A obra, que saíra do noso país en 1944, representa a San Acacio e os diez mil mártires no monte Ararat e supón a única pintura medieval sobre táboa que se conserva do noso país. Ademais, a pexa inclúe inscricións na nosa lingua que son de grande interese para coñecer o galego da época. O retablo pode verse desde onte edificio Castro Monteagudo do museo, e trasladarase no futuro a unha das ampliacións desta entidade.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Lingua galega

Claves

Conceptos
Lugares