Achan frescos do XV en bo estado na igrexa de Mazoi

Representan a Anunciación de María e foron restaurados

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A igrexa lucense de Mazoi, como moitas outras da provincia, agachaba baixo a capa de cal e o retablo un fermoso fresco que representaba a Anunciación a María que, segundo o seu restaurador Francisco Pin, podería ter sido realizado no século XV. Trátase dun fresco en estilo hispano-flamenco, que mide tres metros de alto por catro de ancho, e consérvase en relativo bo estado agás pola perda por deterioro da figura da Virxe María. As obras de restauración da igrexa de Mazoi foron asumidas pola comunidade de montes, quen achegou máis de 100.000 euros en diferentes obras.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves