Quiosco: Anuario Brigantino número 45

Os traballos de restauración de Santa María do Azougue e un novo mapa de Betanzos entre os artigos

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cuberta do Anuario Brigantino

Cuberta do Anuario Brigantino

O Concello de Betanzos vén de publicar o número 45 do Anuario Brigantino, correspondente a 2022. Entre os contidos deste número,d estaca a publicación de novidades vinculadas ao patrimonio betanceiro, como a incorporación á colección do Museo das Mariñas do machado 'Monteagudo 1148', unha peza da Idade do Bronce en colección particular, e analizada na revista por José Suárez Otero. Tamén se publica un novo mapa da cidade de Betanzos, deseñado en 1877 por Francisco J. Martínez Santiso e que publican Ángel Arcay e Ermitas Rodríguez. Publícanse tamén dous artigos ao redor dos traballos de restauración na igrexa de Santa María do Azougue e os achados que se deron na igrexa con motivo destes traballos. Do retablo de San Pedro e do arcosolio policromado trata Carlota López Brea e a contextualización histórico-artística dos achados de pinturas murais de san Xerome, do arcosolio e dunha lauda sepulcral trata Alfredo Erias. Pola súa banda, David Fernández Abella lidera un traballo colectivo sobre o xacemento de Pena Furada (Coirós, A Coruña).

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Fernández Abella, San Pedro, Idade do Bronce, Museo das Mariñas...