Massó amplía os seus fondos con achados do xacemento de Pescadoira

O centro prepara este ano unha exposición sobre a figura de Antonio Massó

Son materais singulares polo seu valor e a súa procedencia, Entre es pezas que, desde onte se poden ver no Museo Massó destaca o único coitelo romano atopado en Galicia que aínda conserva a empuñadura de óso. Chegan das escavacaións realizadas no depósito de Pescadoira en Bueu e posúen un alto valor histórico e cultural. Son moi numerosas, que exceden os dez mil fragmentos, pero é importante pola variedade e heteroxeneidade (lítica, vidros, moedas, metais e columnas entre outros materiais).

Hai outra peculiaridade nos fondos que se poden ver no Museo Masó e ten que ver coa súa procedencia. O depósito de Pescadoira permiten situar en época romana a orixe da industria da salgadura en Bueu. Unha actividade económica que terá continuidade ata finais do século XVIII e principios do XIX, co establecemento das fábricas de salgadura dos cataláns. Un feito especialmente significativo xa que a sede do museo foi unha antiga fábrica de salgadura.

Nos vindeiros meses o museo acollerá unha exposición temporal sobre a figura do máis novo dos irmáns Massó, Antonio Massó, para destacar a súa relevancia na empresa familiar. Ademais de compra de fondos, o centro acometerá a segunda fase do plan museolóxico, que fixa as necesidades arquitectónicas para garantir un funcionamento adecuado do centro.
Ligazóns