O Verbum de Vigo reorienta a súa temática cara a arqueoloxía

Destinaranse fondos arqueolóxicos do museo de Castrelos

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Museo Verbum. Foto: Turismo de Galicia

Museo Verbum. Foto: Turismo de Galicia

O Verbum foi inaugurado no ano 2003 polo concello de Vigo como casa das palabras, cunha orientación temática destinada á lingua e á comunicación. Pero a administración municipal levaba tempo buscando unha reorientación dos contidos. Onte, o alcalde da cidade, Abel Caballero, anunciou durante a inauguración da exposición 'A cerámica castrexa en Galicia' que o Verbum acollerá coleccións arqueolóxicas depositadas no museo de Castrelos. O alcalde fixo referencia aos materiais arqueolóxicos baixo a custodia do museo de Castrelos, e que segundo Atlántico Diario xa están a ser trasladados cara o Verbum desde os almacéns. Adicionalmente, sinalou que se realizarán exposicións vinculadas á cidade.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Verbum, Museo de Castrelos, Arqueoloxía, Abel Caballero...