Falece o escritor de orixe valdeorrense José María Pérez Álvarez

O autor tiña unha extensa obra en castelán e en galego publicou a novela 'En perigo de extinción' con Positivas

  • Este 24 de decembro morría aos 73 anos de idade o prolífico escritor José María Pérez Álvarez, coñecido como 'Chesi'. O autor, nacido en O Barco de Valdeorras en 1952, tiña unha extensa obra de narración novelística e curta, escrita na súa...

Falece o actor Celso Bugallo

Foi un dos secundarios con máis presenza do cine español das últimas décadas

  • Co solsticio de inverno chegou a mala nova da morte dun dos grandes intérpretes secundarios do noso audiovisual. En Pontevedra falecía aos 78 anos Celso Bugallo Aguiar (Vilalonga, Pontevedra, 1947). O actor, un dos secundarios máis emblemáticos e...

Premio Nacional de Artesanía para o torneiro Aitor Martínez

O proxecto 'Artesanía no Prato' da Fundación Artesanía de Galicia tamén obtén un recoñecemento nos galardóns estatais

  • O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornaría de madeira, especializado no uso do freixo galego resultou gañador na categoría Produto da XVIIIª edición dos Premios Nacionais de Artesanía convocados polo Minist...

A RAG analiza as toponimias de Zas, Padrón e Pontecesures

O web da Academia ten dispoñibles dous novos volumes da colección Terra Nomeada

  • A colección Terra Nomeada , coa que a Real Academia Galega (RAG) explica e dá a coñecer os significados de topónimos de todo o país, conta xa con dous novos volumes. O web da entidade ten dispoñibles para descarga Toponimia de Zas , realizado p...

Os Premios Gran de Area galardoan 12 proxectos arquitectónicos de Pontevedra e Ourense

Os recoñecementos do Colexio de Arquitectos recibiron 60 propostas a concurso

  • As delegacións de Pontevedra, Ourense en Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) daban a coñecer este 16 de decembro a resolución dos premios Gran de Area, cos que recoñecen "o traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construt...

Abren as votacións para escoller a Palabra do Ano

Desfeita, foliada, loia, lume, retrinco e xenocidio son as propostas finalistas na convocatoria que realizan a RAG e a Fundación Barrié

  • A Real Academia Galega e a Fundación Barrié facían públicas este 3 de decembro a propostas finalistas para seren escolleitas como Palabra do Ano. Logo de finalizar o período para enviar propostas abre agora, e ata o vindeiro 21 de decembro, o pr...

Na cerna da Gallaecia romana

As investigacións en Brandomil revelan que o complexo arqueolóxico abrangue 25 hectáreas

  • Baixo unha extensa área ao redor da aldea de Brandomil (Zas), os arqueólogos veñen de confirmar que as estruturas época romana que veñen sendo investigadas desde hai uns anos se estenden ao longo dunha enorme área de case un quilómetro de long...

Chega ás librarías Adelina, Premio Castelao de BD 2024

Boulevar Edicións debuta na novena arte con Nechu, o neno momia, de Baltar Morgade

  • A obra coa que Sandra Lodi obtivo o Premio Castelao de Banda Deseñada 2024 está xa dispoñible para o público. A Editorial Galaxia publica Adelina , novela gráfica que narra en 110 páxinas a fuxida dunha muller maior da residencia na que vive. C...

Falece o pintor José Freixanes

O artista, residente en Madrid, era unha das figuras máis recoñecidas das artes plásticas do noso país

  • O pintor José Freixanes, considerado unha das principais figuras das artes plásticas do noso país, falecía de xeito repentino este 26 de novembro en Madrid, onde residía desde hai anos a partillar domicilio con Granada. Nado en Pontevedra en 195...

A fotografía que acompaña a liberación da muller

O Consello da Cultura celebra hoxe a xornada 'Fotografía e feminismo' reunindo a nomes indispensables na reflexión

  • No marco das conmemoracións do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Consello da Cultura Galega (CCG) celebra este mércores a xornada 'Fotografía e feminismo' comisariada por Paula Cabaleiro e Rosario S...

A Deputación da Coruña falla o VII Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade

Cada unha das oito propostas seleccionadas recibe un máximo de 12.500 euros

  • Na mañá deste 24 de novembro, a Deputación da Coruña daba a coñecer o fallo da sétima xeira do Premio Luísa Villalta que recoñece proxectos culturais pola igualdade. En total foron oito propostas as seleccionadas polo xurado entre as 22 inici...

O castro de san Cibrán de Las é declarado BIC

A Xunta afirma que ten un "valor incalculable par ailustrar os grandes lugares centrais da Idade do Ferro"

  • O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a declaración do castro de san Cibrán de Las (San Amaro) como Ben de Interese Cultural. A Xunta valora no xacemento dimensións históricas do xacemento coma o seu "valor incalculable para ilustrar, non só ...

Nicolas Muller: O ollar das marxes

O traballo do fotógrafo húngaro sobre a Galicia dos anos 60 percorre o país nunha exposición antolóxica

  • Encargáranlle fotografar monumentos, paisaxes e escenas típicas daquela Galicia que, nos anos 60, iniciaba unha acelerada transformación. E fíxoo. Pero ao tempo, encheu os seus carretes con imaxes nas que reivindicaba a dignidade do traballo, das...

O rebezo foi a base da dieta nos Ancares hai 17.000 anos

Un estudo revela como humanos e carnívoros compartían espazo na cova de Valdavara

  • Unha nova investigación liderada pola USC no xacemento de Valdavara 1 (Becerreá) debuxa con precisión a vida nas serras orientais galegas tras o Último Máximo Glacial. O estudo, que analiza máis de 2.000 restos faunísticos, confirma unha "anom...

Fransy González presenta as súas recollidas tradicionais cun novo formato en 'Manhe'

A cantareira faise acompañar da Orquestra de Cámara Galega e do saxofonista Pedro Lamas

  • A conxunción da herdanza musical das cantareiras a música de cámara e o saxo soprano nun espectáculo que é unha homenaxe á raíz, así preséntase 'Manhe'. A artista arteixá Fransy González, pandereteira e cantareira, leva toda a vida recolle...

Emma Lustres recollerá a Medalla de Ouro dos Premios Forqué

O galardón da EGEDA recoñece a carreira da produtora galega e a súa defensa dos dereitos da profesión

  • A produtora e fundadora de Vaca Films, Emma Lustres, foi galardoada este 13 de novembro coa medalla de ouro de EGEDA, Sociedade de servizos para os produtores audiovisuais. O recoñecemento, que se outorga no marco dos Premios Forqué do cinema estat...

Os I Premios da Industria Musical recoñecen a Carlos Ares como Artista do Ano

AGEM deu a coñecer os proxectos finalistas dos galardóns que se entregan o vindeiro 27 de novembro

  • A Axencia Galega das Industrias Musicais (AGEM) daba a coñecer este 13 de novembro o fallo dos galardóns honoríficos dos I Premios da Industria Musical Galega. Carlos Ares foi recoñecido como Artista do Ano, mentres Francisco Gómez Gandy recibir...

Cantareiras nas cidades do silencio (II)

As urbes galegas pasaron de ser espazos marxinais a auténticos focos de recuperación da música tradicional

  • Malia a seren durante anos un contexto hostil ao desenvolvemento da cultura tradicional, as cidades galegas foron e son espazos clave para a recuperación deste patrimonio. Desde as iniciativas que comezaron a valorizar o labor da cantareiras ata os ...

O Museo do Mar tende unha ponte con Xapón na exposición 'A arte do efémero'

A mostra presenta pezas de arte nipón de dúas importantes coleccións privadas

  • O Museo do Mar de Galicia acolle ata o 25 de xaneiro a mostra "A beleza do efémero. A arte xaponesa a través das coleccións de Daniel Buján e Pardo-Mitsunaga". Esta exposición é un achegamento á arte nipoa a través dos gravados coñecidos co ...

Santiago acolle a primeira edición de Pixel á feira

O encontro, que se presenta como primeiro salón de videoxogos do país, desenvólvese os días 8 e 9 de novembro

  • Medio cento de proxectos galegos de videoxogos atópanse en Pixel á feira, o primeiro grande salón dedicado a esta industria no noso país. A iniciativa, que se desenvolve no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela entre os días 8 e 9 de novem...