O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a declaración do castro de san Cibrán de Las (San Amaro) como Ben de Interese Cultural. A Xunta valora no xacemento dimensións históricas do xacemento coma o seu "valor incalculable para ilustrar, non só o fenómeno da construción dos grandes lugares centrais de finais da Idade do Ferro chamados oppida, senón tamén para caracterizar unha sociedade en transición, co abandono paulatino dos costumes castrexos para adaptarse á nova realidade romana". Pero adicionalmente, a Xunta recoñece no castro como "portador doutros valores intrÃnsecos ao seu carácter como xacemento arqueolóxico visitable e que conta cunha infraestrutura museÃstica de vangarda". A Xunta destaca "o seu estado de conservación e a súa posta en valor". A delimitación administrativa do ben inclúe outros sitios coma os petróglifos da Cidade, a mámoa da Cerca da Cidade 1 e o xacemento paleolÃtico da Chaira. O contorno de protección afecta a unha superficie máis ampla, na que se inclúen a mámoa da Cerca da Cidade 2, o xacemento arqueolóxico romano da igrexa parroquial de San Xoán de Ourantes, o propio castro de Ourantes, o xacemento arqueolóxico romano do Campiño, asà como varios hórreos e cruceiros.
O castro de san Cibrán de Las é declarado BIC
A Xunta afirma que ten un "valor incalculable par ailustrar os grandes lugares centrais da Idade do Ferro"



