Unha cidade polo prezo dun piso en Santiago

Xunta e comuneiros de san Cibrán de Las chegan a un acordo para adquirir os terreos do castro por 242.000 euros

Xunta e comuneiros de san Cibrán de Las chegan a un acordo para adquirir os terreos do castro por 242.000 euros
O castro de san Cibrán de LAS
O castro de san Cibrán de Las é un dos castros máis grandes de Galicia, e recibe con frecuencia o calificación de 'oppidum', en referencia ao fenómeno de conformación de cidades indíxenas en Europa occidental durante a Idade do Ferro. A Xunta e os comuneiros de Cristimil e A Torre (San Amaro) chegaron a un acordo de expropiación amistosa para adquirir as 14 hectáreas do xacemento arqueolóxico por 241.930 euros. A resolución chega despois dun longo litixio entre a administración autonómica e os comuneiros pola propiedade que levou ao castro a un estado de semiabandono e de vexetación sen controlar. San Cibrán de Las é un xacemento de grandes dimensións, fundado no século II a.C. e que puido chegar a ser habitado por preto de 2000 habitantes, unha auténtica cidade da época.