Este 24 de decembro morría aos 73 anos de idade o prolífico escritor José María Pérez Álvarez, coñecido como 'Chesi'. O autor, nacido en O Barco de Valdeorras en 1952, tiña unha extensa obra de narración novelística e curta, escrita na súa meirande parte en castelán. O seu único título en galego editado foi 'En perigo de extinción' (1996, Edicións positivas). No ano 2003 adquiriu relevancia grazas a un comentario feito por Juan Goytisolo ao suplemento literario do xornal The Times Literary sinalando á novela 'Nembrot', de Pérez Álvarez como a mellor escrita en castelán ese ano. Ademais diso 'Chesi' colaboraba coa Cadena Ser como comentarista literario durante unha década entre 2004 e 2014 coa sección 'El libro de la semana'. Funcionario de Facenda de profesión, o seu nome volveu soar moito cando en 2007 deuse a coñecer que o escritor peruano Alfredo Bryce Echenique plaxiara o seu artigo 'Las esquinas habitadas bajo el título La tierra prometida'.

