Este 1 de decembro chega a librarÃas de todo o estado O lume, a nova novela gráfica de David RubÃn. O ourensán corre co guión e co debuxo desta obra, que ve a luz de xeito simultáneo en castelán, da man de Astiberri, e en galego publicada por Demo Editorial. Esta é a primeira vez que un tÃtulo do autor sae ao mesmo tempo nas dúas linguas.
A obra, de 256 páxinas a cor, conta a historia de Alexander Yorba, arquitecto encargado de crear unha colonia lunar para salvar a humanidade ante o inminente impacto dun asteroide contra a Terra. No medio deste proceso, Yorba é diagnosticado cun tumor terminal que o leva a abandonar o proxecto e se reencontrar coa súa familia. A raÃz diso, unha serie de acontecementos poñen o protagonista a vagar por diferentes lugares do mundo nunha dramática odisea co final dos tempos como meta.
RubÃn visitará Galicia nunha xira de presentación que o levará o 2 de decembro á librarÃa coruñesa Alita Cómics e o 3 a Metrópolis Cómics de VilagarcÃa. Nunha segunda quenda de sesións, RubÃn estará o 23 de decembro en Sindicato del Cómic de Ourense, o dÃa 26 en Kómic de Santiago de Compostela, o 27 en Tótem de Lugo, o 28 na pontevedresa Paz, o 29 en Banda Deseñada, en Vigo, e o 30 na compostelá A Gata Tola.
As dúas versións preséntanse co mesmo formato, papel e deseño, e as persoas que adquiran a edición en galego nas librarÃas que fan parte da xira de presentación terán como agasallo unha lámina coa portada da obra en branco e negro, numerada e asinada polo autor, ata fin de existencias.