A colección Terra Nomeada, coa que a Real Academia Galega (RAG) explica e dá a coñecer os significados de topónimos de todo o paÃs, conta xa con dous novos volumes. O web da entidade ten dispoñibles para descarga Toponimia de Zas, realizado por Xosé MarÃa Lema Suárez, e mais Toponimia de Padrón e Pontecesures, que asina Fernando Cabeza Quiles.
Segundo sinala a institución, a primeira obra afonda na orixe e no significado de 147 nomes de lugar, a incluÃr os de todas as parroquias e aldea, o da comarca de Soneira, o rÃo Xallas ou o propio nome do concello de Zas. Ademais, reivindica o topónimo histórico rÃo do Porto fronte ao de rÃo Grande, popularizado desde os anos 60. Sobre o nome Zas, Lema Suárez apunta que "malia darse por certa ata hai pouco a hipótese de que procedÃa do xermánico *sala 'pazo, residencia principal', considera máis probable que a súa orixe estea "no acusativo salĭce do fitónimo latino salīx 'salgueiro'", que á súa vez darÃa en Sas, con seseo, despois ultracorrixido á forma actual do topónimo.
No volume dedicado as dúas vilas ribeirás do Ulla, Cabeza Quiles recolle cen nomes de entidades de poboación, montes e rÃos de Padrón. De Pontecesures analiza a denominación da súa única parroquia, dos seus lugares e mais dos montes Galiñeiro e Monte de Porto. A palabra latina pĕtra 'pedra' tras o nome de Padrón contrasta coa modernidade do topónimo Pontecesures, creado cando o actual concello se segregou de Valga. "En orixe a denominación foi Cesures, que aparece na documentación medieval, na fala local e en 1881, ano no que o rei Afonso XII lle dá o tÃtulo de vila á entidade urbana de '(San Luis de) Cesures'", explica a RAG. Este último termo virÃa da palabra latina caesura 'corte', que se refererÃa á "gran fenda no terreo, costa ou desnivel sobre o que se asentou o primixenio Cesures".