Xa está dispoñible na rede o novo volume da colección Terra Nomeada da Real Academia Galega. No mesmo, Fernando Cabeza Quiles analiza a orixe e o significado de 200 nomes de lugar do concello de Ribeira. "Dende as nove parroquias -Aguiño, Artes, Carreira, Castiñeiras, Corrubedo, Oleiros, Olveira, Palmeira e Ribeira- ata os topónimos dos máis de 200 lugares que as compoñen, asà como os que designan a lagoa de Carregal, a praia de Balieiros, o cume dos Forcados e as illas de Sagres" están presentes na obra, segundo explica a RAG.
Entre outras curiosidades, o volume recolle nomes como O Caramecheiro, que nomea un barrio da cidade e que, segundo o autor "seguramente se refira ao pequeno caracol terrestre, chamado na zona caramecha das dunas". Listres, topónimo que só se rexistra no concello "quizais se refira á antiga existencia no lugar da planta chamada lesta, probable voz de orixe prerromana", segundo este filólogo. Referencias á planta chamada carrizo ou cárrega explican a denominación Carregal, mentres Baileiros remite á presenza de cetáceos na costa.
Tamén a RAG, no marco do proxecto Galicia Nomeada da Xunta de Galicia, participou na elaboración dos tres novos vÃdeos da serie Os nomes da nosa terra. A SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica publicou na súa canle de Youtube estas producións nas que Xosé Antón Moure fala con diferentes persoas sobre microtopónimos, desta volta nos territorios de Compostela, Penarrubia e Veigas de Camba.