Os Premios Gran de Area galardoan 12 proxectos arquitectónicos de Pontevedra e Ourense

Os recoñecementos do Colexio de Arquitectos recibiron 60 propostas a concurso

17/12/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonioarquitecturaarte
156 lecturas | Compartido 0 veces

As delegacións de Pontevedra, Ourense en Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) daban a coñecer este 16 de decembro a resolución dos premios Gran de Area, cos que recoñecen "o traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais colaboradores necesarios, nas obras e proxectos de calidade desenvolvidos" nas zonas referidas.

En total foron doce propostas seleccionadas que "destacan como aquelas que achegan contribucións particularmente valiosas á arquitectura, exemplificando rigor, sensibilidade e calidade arquitectónica". A selección galardoada abrangue desde a recuperación dun alpendre aos traballos de conservación do Museo Massó de Bueu e da Catedral de Ourense ou a recuperación da contorna do mosteiro de Oia. Os premios carecen de dotación económica.

O xurado, composto por membros do COAG das delegacións organizadoras canda a unha persoa en representación dos proxectos galardoados na anterior edición, seleccionou os traballos gañadores entre 60 propostas remitidas ao concurso.

Segundo sinala o fallo, "as propostas recibidas amosaron unha notable diversidade tanto nas súas características como na súa escala, incluíndo proxectos de carácter residencial, dotacional e de espazo público, así como intervencións de restauración, rehabilitación, deseño de interiores e outras actuacións de distinta entidade e complexidade arquitectónica". Ademais, destacan "pola notable calidade e diversidade" que "fixeron especialmente complexa a selección final".

Galería dos Premios Gran de Area 2025
 Reconstrución de edificación para aloxamento público temporal de Muimenta (Carballeda de Avia, Ourense), realizada por Pablo López Prol

 Mirador da Peixeira e subida ao campo de San Roque (Portonovo, Sanxenxo), de Gabriel Alarcón Sabarís, Luciano González Domínguez e Miguel Estévez Gómez.

 Pavillón de eventos no Pazo da Toxeiriña, en Silvoso (Moraña, Pontevedra), por Mauro Lomba Martínez

 Rehabilitación e ampliación de edificio de vivendas na rúa Progreso 57-59 (Ourense), realizado por Manuel Jorreto Díaz

 Obra nova e rehabilitación de edificio para vivendas, locais e garaxes na rúa do Marqués de Valladares 39, 41 e 43 (Vigo, Pontevedra), asinado por Jesús Irisarri Castro e Guadalupe Piñera Manso

 Restauración da fachada oeste da Catedral de Ourense (Ourense), desenvolvida por María Sonia López Calvo e Manuel Seoane Feijóo

 Vivenda unifamiliar illada en Vilasobroso (Mondariz, Pontevedra) de Francisco Javier Vázquez Fernández e Perfecto Cendón Domínguez

Centro Integral de Saúde da Comarca Deza-Lalín (Lalín, Pontevedra) creación de Juan Ramón Iglesias Babío e Iván López Veiga

 Conservación do Museo Massó (Bueu, Pontevedra) presentada por Alberto Redondo Porto, José Martín Valladares Durán e Macial Rodríguez Rodríguez

Restauración da Vivenda Particular de Xosé Bar Boo (Vigo, Pontevedra), asinada por Pablo Menéndez Paz

Ordenación do recinto monacal e encontro costeiro do Real Mosteiro de Oia (Pontevedra), de Santiago Pintos Pena

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Ourense, Colexio de Arquitectos, Vigo...