As Delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia fallaron os galardóns da décimo sétima edición dos Premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2017. Estes galardóns supoñen un recoñecemento ao labor conxunto de todos os axentes que interveñen no proceso de xestación e construción dunha obra de arquitectura de calidade arquitectos, promotores, construtores e aparelladores. Este ano presentáronse 58 proxectos de diversas escalas e localizacións. "As candidaturas, que destacan polo seu alto nivel, dan resposta ás necesidades da sociedade e reflicten un compromiso dos autores e demais axentes involucrados no proceso construtivo coa arquitectura responsable." manifesta a organización.
O xurado valorou a totalidade dos proxectos presentados e os aspectos concretos que aportan un carácter ou valor singular pola súa tipoloxía, innovación tecnolóxica, baixo custo ou implantación no territorio. O xurado estivo composto polos presidentes das Delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo do Colexio de Arquitectos, Alberto de Paula, Manuel Abelleira e Antonio Davila; e un colexiado de cada delegación a seleccionar pola súa Xunta Directiva, Pedro Diéguez por Ourense, Sara Besada por Pontevedra, e Manuel Martínez por Vigo; e a arquitecta Sonia López premiada na edición anterior, e a secretaria da delegación ourensá Emma Noriega. Tras un longo debate e análise dos proxectos presentados, o xurado seleccionou 11 premiados que destacaron polo seu "alto nivel" e calidade arquitectónica. O acto de entrega de diplomas celebrarase o 20 de outubro, ás 19:00 horas, no Liceo de Ourense. Este acto complementarase coa organización dun ciclo de conferencias impartidas polos premiados, durante os meses de outubro e novembro na cidade ourensá.
Proxectos premiados:
1 . Xeadería Bico de Xeado (Ourense)
Arquitectos: Andrea Fernández Fernández
Juan Ignacio Prieto López
Faustino Patiño Cambeiro
2. Nemonon Espazo multidisciplinar (Pontevedra)
Arquitecto: Mauro Lomba Martínez
3.- Casa da Viña" (Allariz)
Arquitecto: Juan Seara Oro
4.- Remodelación de vivienda A Lonia (Ourense)
Arquitecto: Manuel Jorreto Díaz
5.- Edar Lagares Ricardo Mella (Vigo)
Arquitecto: Cendón-Vázquez arquitectos SCP
6.- Ponteledesma Fase 11 Vila de Cruces (Pontevedra)
Arquitectos: Elisabeth Abalo Díaz
Gonzalo Alonso Núñez
7.- Centro de día de Mayores Leiro (Ourense)
Arquitectos: Estefanía Vázquez Muller
Roi Feijoo Rey
8.- Piscina y urbanización exterior Finca das Rozadas Nigran (Vigo)
Arquitecto: Severo Fernández Castro
9.- Rehabilitación nave lateral Monasterio San Clodio Spa Vinoterapia Leiro
(Ourense)
Arquitecto: Óscar López Alba
10.- Casa Albor A Guarda (Vigo)
Arquitectos: Jordi Pérez Castro
María González Ferro
11.- Reestructuración de 4 viviendas Casco Vello de Vigo
Arquitecta: Eva María Castro Álvarez